top of page

Ordes marchou contra a violencia de xénero


O sábado tivo lugar en Ordes unha xornada contra a violencia de xénero organizada polo GDR da Comarca de Ordes (ASDECOMOR) e a Mancomunidade de Ordes. A xornada comezou cunha andaina contra a violencia de xénero que percorreu o tramo do Camiño Inglés que une Buscás con Poulo ao seu paso polo concello de Ordes, na que participaron ao redor de 70 persoas de todas as idades que representaban aos 7 concellos da nosa comarca.

De seguido, proxectouse no Museo do Traxe de Ordes o documental “Murmurios de Silencio”, no que as protagonistas son 10 mulleres da contorna.


Os actos remataron coa lectura dun manifesto conxunto contra a violencia de xénero, de xeito simultáneo cos outros 23 Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) da nosa Comunidade Autónoma, e unha conexión en liña co resto de GDR.


A xornada contou coa colaboración e o financiamento da Xunta de Galicia, a través das Consellerías de Emprego e Igualdade e do Medio Rural, así como do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Comments


bottom of page