top of page

Ordes reabre a piscina ante a mellora epidemiolóxica


A piscina climatizada municipal Iván Raña Fuentes reabrirá a partir do vindeiro sábado 11 de setembro no seu horario e funcionamento habitual con motivo do descenso de nivel do concello de Ordes, sinalaron hoxe fontes municipais. Ordes só rexistrou 13 casos na última semana, fronte aos 43 totais dos 14 últimos días. A incidencia está entre 75 e 125, fronte ao período anterior en que se situou entre os 250 e os 500 casos por cada 100.000 habitantes. Ordes pasará este sábado a nivel medio.

Comments


bottom of page