top of page

Ordes segue a ser o concello con máis incidencia de COVID na comarca

Actualizado: 5 nov 2020



Ordes aparece en vermello no mapa de alerta por concellos da Xunta, que clasifica os municipios galegos segundo o número de novos casos confirmados de COVID-19 a través de PCR nos últimos sete días. Isto significa que na capital da comarca se detecan máis de 21 casos por semana. Actualmente, o concello ten constancia de 18 casos activos no municipio, todos en illamento domiciliario. O pasado xoves morreu unha persoa ingresada con coronavirrus.

En Cerceda, con nivel laranxa, detéctanse de 14 a 2. O Concello declarou o pasado venres que hai máis de 21 casos activos no municipio, sen precisar a cifra. Pola súa banda, en Oroso -amarelo- detéctanse de 7 a 14 novos casos semanais.

O resto da comarca -Tordoia, Trazo, Mesía e Frades- detéctanse menos de sete casos semanais por concello, manténdose estes en verde no mapa autonómico. En Frades hai dúas persoas con coronavirus illadas no domicilio. Tordoia sinalou esta mesma mañá que conta con seis casos positivos no termo municipal.



Comments


bottom of page