top of page

Ordes sitúase nos 107 casos activos de COVID-19


ree


O Concello de Ordes informou hoxe de que existen 107 casos activos de COVID-19 no municipio, logo de rexistrarse seis altas e tres novos positivos nas últimas horas. Destas persoas, 99 atópanse no domicilio e 8 hospitalizadas. A día de hoxe e dende o comezo da pandemia morreron por esta causa 6 persoas na localidade.


Actualmente hai con varios casos que figuran en listas como do Centro de Saúde de Ordes que o Concello non contabiliza no seu informe. Trátase de casos positivos que non son residentes nin están actualmente empadroados no municipio, pero que o foron anteriormente e manteñen aínda a adscrición médica en Ordes. Este é un dos motivos polos que non coincide esta cifra de casos activos municipal coa que ofrece o Sergas (136 nas dúas últimas semanas). O 3,98% das PCR realizadas dende agosto deron positivo, cunha incidencia acumulada por cada 100.000 habitantes superior aos 250.


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, confirmou está mañá en rolda de prensa o descenso sostido da incidencia do virus Sars-CoV-2 na comunidade galega, ao tempo que apuntou a necesidade de seguir a traballar para acadar o descenso da presión asistencial nos centros sanitarios galegos.



Comentarios


bottom of page