Ordes terá tres novos parques infantís
- Crónicas da comarca
- 12 jul 2022
- 1 Min. de lectura

O Concello de Ordes resultou beneficiario de unha axuda da Xunta de Galicia que destinará a acometer a execución e posta en marcha de tres novos parques infantís. Dous dos novos parques estarán na parroquia de Leira (xunto ao local social en Bailía e ao lado do campo da festa en Igrexa-Menlle). O terceiro estará na Igrexa, na parroquia de Beán, na parcela do campo da festa.
O importe da actuación será de algo máis de 48.000€. O Concello asegura que os parques se construirán ao longo deste mesmo verán.
Comments