top of page

Oroso acende mañá o alumeado de Nadal


O Concello de Oroso acenderá o seu tradicional alumeado de Nadal mañá martes, día 1 de decembro, e manterao aceso ata o 6 de xaneiro de 2021. Será un alumeado especial e variado, con elementos novos e coa intención de que Oroso viva unhas festas diferentes pero especiais.

“O alumeado será o primeiro paso e despois, en función tamén da evolución epidemiolóxica, presentaremos a mellor programación de Nadal posible nas actuais circunstancias”, explica o alcalde, Manuel Mirás. “Que ningún veciño ou veciña teña dúbidas, o concello quere que Oroso disfrute do Nadal, coidándonos entre todos pero sen esquecer que son unhas datas moi especiais, sobre todo para os máis pequenos”, engade o rexedor.

O Nadal chega a Oroso mañá.

Comentários


bottom of page