Oroso acollerá un torneo de golf da Deputación da Coruña
- Crónicas da comarca
- 5 jul 2022
- 1 Min. de lectura

A Deputación da Coruña continúa coa súa aposta pola promoción do deporte na provincia. A deputada de Deportes, Cristina Capelán Cancelo, vén de anunciar a publicación das bases dos primeiros torneos de xadrez e de golf organizados pola institución provincial en colaboración coas respectivas federacións destas dúas disciplinas.
A área de Deportes da Deputación traballa xa na organización do 'I circuíto Pitch & Putt Deputación da Coruña' que se desenvolverá en diferentes sedes e datas: A Coruña (setembro), Paderne (outubro), Boiro (novembro) e Oroso (decembro). Poderán participar todas as persoas empadroadas en calquera concello da provincia que conten coa licencia federativa, ata un máximo de 54 parellas e 108 xogadores en categoría Scratch, Hándicap, Hándicap Sénior, Hándicap Damas e Hándicap Infantil. A inscrición pode realizarse na Federación Galega de Golf ata o xoves previo á realización de cada proba, das que se informarán as datas concretas con antelación.
Comments