top of page

Oroso actúa contra as cabichas no chan



O Concello de Oroso pon en marcha unha campaña de sensibilización durante esta semana para concienciar ás persoas fumadoras para que non ensucien os espazos públicos coas cabichas dos cigarros. Con este obxectivo repartirá de xeito gratuíto 2.000 cinceiros portátiles.


O alcalde de Oroso, Luis Rey, explica que esta campaña avoga por un "compartamento máis cívico" para conseguir "un concello máis limpo". "Querémoslles dar todas as facilidades para que non teñan desculpa para non facelo", engade.


Ata o vindeiro xoves estará ubicado un posto informativo preto da Casa do Concello. Calquera persoa fumadora pode recoller o seu cinceiro portátil de balde. Ademais, dous voluntarios percorren as rúas de Sigüeiro en busca de fumadores para informalos e entregarlles os cinceiros.

Comments


bottom of page