Oroso amosou o seu lado máis solidario na andaina en favor das nenas e nenos oncolóxicos
- Crónicas da comarca
- 3 oct 2022
- 1 Min. de lectura

A veciñanza de Oroso volveu demostrar o seu carácter solidario no día de onte. Máis de 200 persoas participaron na andaina a favor de Asanog Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia e contribuíron á recadación de fondos para que este colectivo dispoña de máis recursos para desenvolver a súa actividade.

O Concello agradeceu a participación e parabenizou as persoas premiadas.

Commentaires