top of page

Oroso anuncia os gañadores do concurso de Entroido


O Concello de Oroso deu a coñercer o listado de gañadores do concurso de Entroido do pasado domingo. Na categoría xeral (maiores de 16 anos), "Os danzantes do Entroido" acadou o primeiro premio de comparsas, valorado en 500 euros. Foi finalista Chikypatas, con 300 euros.


Na mesma categoría, en modalidade de grupo, gañaron "As Góndolas de Oroso", cun premio de 350 euros, e Songoku e Bulma co número 2 (220 euros). Na categoría individual, venceu Hulk Ragnarok (250 €) con Cunchas a moreas como finalista (180 €).


En categoría infantil gañou Sessión 54 a categoría de comparsas, cun premio de 350 euros. O finalista foi Ergue e xouba con 200. Dulces majorettes gañou a modalide de grupo (220 euros) con Corazones rojos como ifnalista (150 euros).


Na categoría infantil individual gañou "A princesa da estrela" con 180 euros, sendo Strawberris finalista con 120.


Houbo un premio especial para unha comparsa do concello: Psicopulpo (150 €).


O Concello deu os parabéns a todos os premiados e agradeceu a súa presenza aos participantes.

Comments


bottom of page