top of page

Oroso aproba rebaixas fiscais para axudar ás familias, PEMES e autónomos en 2021


O pleno do Concello de Oroso ven de aprobar as bonificacións fiscais previstas para o ano 2021, co obxectivo de axudar ás familias, pemes e autónomos do municipio.

En concreto, o pleno aprobou unha rebaixa no IBI e no recibo do lixo, así como unha bonificación dun 60% no imposto de vehículos de tracción mecánica para os automóbiles eléctricos e híbridos.

Por outra parte, haberá unha bonificación de ata un 75% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes.

Todas estas medidas fiscais aprobadas na sesión plenaria de hoxe terán un impacto de 177.000 euros, cos que contarán os veciños e veciñas para os seus gastos.

“Son medidas e bonificacións necesarias para axudar ás familias e reactivar a economía local”, asegura Manuel Mirás, alcalde de Oroso, que no pleno de hoxe renunciou ao seu salario e a partir de hoxe só cobrará as cantidades asignadas por asistencia ás reunións dos órganos colexiados municipais (plenos, comisións e xuntas de goberno).

Comments


bottom of page