top of page

Oroso aproveitará o verán para rebachear en todas as parroquias



O Concello de Oroso comezará o próximo luns -5 de xullo-, os traballos de rebacheo en todas as pistas das parroquias do municipio onde sexa necesario. A actuación, que conta cun orzamento de 60.000 euros, realizarase en dúas fases. O alcalde, Luis Rey, salienta que queren "aproveitar as semanas de mellor tempo para estas obras, xa que a mobilidade nos camiños do rural é moi elevada e a seguridade viaria debe ser unha prioridade, tanto para os vehículos como para os peóns”.


Estas tarefas de rebacheo están á marxe da actuación conxunta no rural de Oroso prevista polo grupo de goberno, con diferentes obras que suporán un investimento próximo aos 900.000 euros nos próximos meses. O concello desenvolve durante todo o ano un plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais de Oroso, tanto no casco urbano como nas parroquias.


Comments


bottom of page