top of page

Oroso botouse ao camiño contra o cancro de médula



Máis de 100 persoas participaron na mañá do domingo 11 de xullo na andaina solidaria organizada polo Concello de Oroso xunto coa asociación Asotrame e o Club Hockey Oroso co fin de recaudar fondos para loitar contra o cancro de médula. O percorrido, de cinco quilómetros, partiu da praza do Concello. “Unha vez máis, Oroso demostrou ser un concello solidario con este tipo de iniciativas, tan necesarias para axudar a organizacións como Asotrame”, afirmou Antonio Leira, concelleiro de Deportes do Concello de Oroso.



Asotrame colabora co proxecto Adianthe, do servizo de Hematoloxía do CHUS, que pretende conseguir mediante unha aplicación de Intelixencia Artificial tratamentos máis personalizados e que consigan maiores beneficios para os doentes.


Ademais da andaina, houbo sorteos de vales de compra da asociación de comerciantes, de camisetas, balóns e tamén regalos para os participantes por parte do Concello de Oroso. O concello agradece o traballo de Protección Civil para que todo o evento transcurrise con normalidade.



Tamén colaboraron Supermercados Familia, Imaxson, tenda de deportes Equipate, Asociación Sigueiro Vende, Club Hockey Oroso, SD Compostela, ED Xuventude Oroso e Sigueiro FC, RC Celta Vigo, HC Liceo e Monbús Obradoiro CAB. Asotrame conta tamén cun Bizum para facer donativos co código: 03351.

Comentarios


bottom of page