Oroso recibe o próximo 30 de abril a 'MINI BTT CONCELLO DE OROSO', que se celebrará na área recreativa do parque do Carboeiro. A proba está dirixida á mocidade, baixo a organización do Club Oroso Ciclista.
O alcalde, Luis Rey Villaverde; o concelleiro de Deportes, Antonio Leira; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e a directiva do Club Ciclista Oroso presentaron a proba.
"O concello apoia todas as modalidades deportivas e esta proba é un exemplo, a Mini BTT será un espectáculo e quero agradecer a colaboración que sempre atopamos no Club Ciclista Oroso", apuntou Leira.
A inscrición, limitada a 450 participantes, é gratuíta para persoas federadas e ten un custo de 5 euros para os deportistas sen licenza federativa. A data límite de inscrición é o 27 de abril.
Comments