
A Cabalgata de Reis de Oroso terá lugar este mércores, 5 de xaneiro, dende as 18h, cun cambio de percorrido destinado a evitar aglomeracións en espazos estreitos. Así, sairá do CEIP Camiño Inglés, continuará pola N-550 (Avenida de Compostela) e pola Avenida da Grabanxa, Rúa do Deporte, Rúa Pablo Iglesias e Rúa do Camiño Inglés. Finalizará na rotonda desta última rúa.
Previamente, os Reis magos recibirán ás nenas e nenos de Oroso no pavillón polideportivo. Os accesos e aforos estarán controlados por Protección Civil para garantir que se respecte a normativa COVID. A recepción terá lugar de 10:30h a 14h e de 15h a 17h horas.
Na recepción repartiranse caramelos aos nenos asistentes, pero non se tirarán durante a cabalgata para evitar aglomeracións.
Comments