top of page

Oroso creará un rexistro municipal de familias de acollida para refuxiados ucraínos



O Concello de Oroso crea un 'Rexistro municipal de familias de acollida para persoas refuxiadas', co obxecto de axudar ás persoas e familias desprazadas de Ucraína debido ao conflito bélico que se vive no país. Neste rexistro figurarán todas aquelas persoas de Oroso que desexen acoller algunha persoa ou familia ucraína, ou que estean dispostas a poñer algún tipo de piso ou casa á súa disposición. As persoas interesadas pódense pór en contacto co Concello de Oroso chamando ao 981 688 950 ou por mail: info@oroso.gal.


Estes datos serán postos a disposición do Goberno do Estado, a Xunta de Galicia e a Fegamp no caso de que se organice algún tipo de programa de acollemento de persoas ucraínas refuxiadas. Así mesmo, o Concello de Oroso outorgaría prioridade e gratuidade para o acceso destas persoas refuxiadas a servizos municipais de educación, cultura ou lecer, entre outros.

Comments


bottom of page