top of page

Oroso desinfecta espazos públicos



O Concello de Oroso puxo en marcha hoxe un dispositivo de limpeza e desinfección dos espazos públicos, tal e como se vén facendo de forma reforzada desde o comezo da pandemia do coronavirus.

As tarefas de desinfección realízanse en rúas e prazas, prestando unha especial atención ás proximidades do centro de saúde, farmacias ou supermercados, ademais dos colectores de lixo.

Desde o comezo da pandemia, o Concello de Oroso realiza estas tarefas desinfectantes e repartiu xa máis de 125.000 euros en material de protección (EPI) para os establecementos comerciais e a veciñanza.

O concello aproveita para facer un chamamento aos seus veciños e veciños, co obxectivo de respectar todas as normas e recomendacións de interacción social durante a Semana Santa.

Comments


bottom of page