top of page

Oroso divulgará a música tradicional con media ducia de actuacións no “Fiadeiro de Outono 2022”


Agrupación Folclórica Buxos Verdes
Agrupación Folclórica Buxos Verdes

Oroso celebra o Fiadeiro de Outono 2022 do 27 ao 28 de outubro no Centro Cultural e a Alameda de Góis. Organizado por catro colectivos veciñais en colaboración co Concello, o evento servirá para divulgar a música tradicional galega a través de obradoiros, media ducia de actuacións musicais e un magosto popular.


O xoves 27 terá lugar a primeira das actividades, a presentación do libro “A gaita

na terra de Melide”, do escritor Suso Escariz. Será ás 19:30h no Centro Cultural. No mesmo lugar, pero ás 17h do venres do 28, desenvolverase a segunda actividade, un obradoiro para construír un pandeiro. Esta actividade terá un prezo de 65 euros por persoa e a inscrición pode facerse ata o mércores 26 no 665 880 200.


Xa o sábado 29, a Alameda de Góis servirá como escenario do Festival Folclórico e do magosto popular, que poñen o broche ao “Fiadeiro de Outono 2022” e que incluirán senllos obradoiros e actuacións de balde. A xornada comezará ás 16h co obradoiro de baile tradicional, que será impartido pola Asociación Folklórica Buxos Verdes. Despois, ás 16.45h, a Asociación Folklórica Lembranzas do Tambre coordinará un obradoiro de pandeireta; e ás 17:30h será a quenda do obradoiro de percusión, a cargo da Asociación Cultural Argalleiros. Xa a partir das 18:30 horas darán comezo as actuacións musicais das catro asociacións

organizadoras do evento: A.F. Buxos Verdes; A.F. Lembranzas do Tambre; A.C. Argalleiros e Néboas no Cumio.



O peche de “Fiadeiro de Outono 2022” chegará ás 20.30h coa celebración dun magosto popular con degustación gratuíta de castañas, acompañado das actuacións das agrupacións de música tradicional 3 Pesos e Carapaus.

Comments


bottom of page