A sexta vaga da pandemia de COVID-19 segue a deixar cifras de récord no conxunto do Estado e en Galicia. Nas últimas horas, Galicia rexistrou case 2.350 novos contaxios para un total de 25.796 casos activos.
Na comarca de Ordes, todos os concellos teñen unha incidencia superior aos 500 casos por cada 100.000 habitantes a 14 días, excepto Mesía. A incidencia na última semana mantense en todos por riba dos 250 agás, novamente, Mesía e, tamén, Cerceda. Nestes dous concellos, está entre 125 e 250 casos por cada 100.000 habitantes.
O municipio con maior número de casos na comarca é Oroso, seguido pola propia Ordes. Nesta última, a última semana deixou 40 casos activos e 72 nas dúas últimas. En Oroso son 62 e 79 respectivamente, evidenciando unha aceleración dos contaxios detectados nos últimos sete días.
En Tordoia detectáronse 15 casos na última semana e 20 nas dúas últimas. Pola súa banda, Cerceda acumula 30 casos en dúas semanas, pero só entre 1 e 9 durante a última. En Frades detectáronse un total de 13 casos nestes catorce días,con entre 1 e 9 dos mesmos localizados na última semana. Pola súa banda, en Trazo detectáronse a última semana tamén de 1 a 9 casos, para un total de 21 en dúas semanas.
As cifras máis baixas correspóndense con Mesía, onde en dúas semanas se localizaron entre 1 e 9 casos.
Comentarios