O Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia da Covid-19 acordou elevar as restricións no Concello de Oroso, pasando a formar parte do nivel medio.
A decisión deriva do gromo en dúas familias que teñen conexión entre elas, gromo do que o Concello informou o pasado venres. O Concello desexa unha pronta recuperación a todas as persoas afectadas.
Aínda que, segundo os datos do centro de saúde, a situación está controlada e non hai polo momento transmisión comunitaria, desde o concello demándase prudencia á veciñanza, cumprindo todas as recomendacións sanitarias.
As principais medidas que entrarán en vigor o sábado ás 00:00 horas pola nova situación son as seguintes: aforo da hostalería: 30% en interior e un 50% en terraza, con horario ata a 1h, reunións de ata dez persoas non conviventes en exterior e seis en interior. Limitada a só conviventes en domicilios desde as 01:00 ás 06:00 horas. Mobilidade co resto de concellos, salvo os de nivel máximo.
O Concello de Oroso fai un chamamento "á responsabilidade de todos para evitar novos contaxios e volver a un nivel baixo de restricións o antes posible".
Comentários