Oroso escolle alcalde mañá
- Crónicas da comarca
- 24 may 2021
- 1 Min. de lectura

Mañá, martes 25, ás 16h, terá lugar o pleno de investidura do novo alcalde de Oroso no salón de plenos do Concello. O ata agora alcalde, Manuel Mirás, renunciou a fins de abril logo dunha dilatada experiencia como concelleiro e rexedor.
O vindeiro alcalde será o tamén socialista Luís Rey Villaverde, de quen Mirás dixo que ""vai continuar ou incluso mellorar a xestión que viñamos realizando ata o de agora” logo da súa designación polos socialistas locais.
Comments