top of page

Oroso estrea mañá circuíto de bicicross


O Concello de Oroso inaugurará mañá o novo circuíto municipal de bicicross de Porto Avieira. Será ás 12h do sábado 15 de xaneiro. O acto de inauguración incluirá unha exhibición á que están invitados os nenos e nenas de Oroso e as súas familias. Ademais, poderán probar o circuito.


O circuito ten unha lonxitude de máis de 800 metros e un ancho variable de entre 2,40 e seis metros. Para a súa construción, utilizouse zahorra e outros materiais adecuados ao entorno natural.


A instalación foi unha petición do Oroso Club Ciclista ao concello. “Considerámolo unha boa iniciativa para fomentar os hábitos de vida saudables e o deporte entre os nenos e nenas”, explica Antonio Leira, concelleiro de Deportes.

Comments


bottom of page