top of page

Oroso impulsa a formación de menores de 30 anos en albanelería e carpintería



O Concello de Oroso formará parte dun novo obradoiro de emprego organizado pola Mancomunidade de Ordes para menores de 30 anos. O obradoiro dará durante un ano formación teórica e práctica sobre dúas especialidades diferentes: albanelaría e traballos de carpintería e mobles.


En concreto, a formación en carpintería e mobles impartirase no Concello de Oroso. O reparto de prazas será proporcional en función da poboación dos municipios participantes.

As persoas interesadas en formar parte deste programa deben estar inscritas no sistema de garantía xuvenil e ter solicitados os obradoiros de emprego. Terán un contrato de formación e aprendizaxe de doce meses de duración.


“Este tipo de obradoiros son moi importantes para a xente nova, xa que obteñen unha formación cualificada que incrementa a súa empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral”, asegura Beatriz Rodeiro, concelleira de Xuventude de Oroso.


Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co servizo de emprego da Mancomunidade de Ordes (981 680679).

Comments


bottom of page