'Oroso namorado' dinamizará o comercio local en San Valentín
- Crónicas da comarca
- 12 feb 2021
- 1 Min. de lectura

Oroso celebra o seu concurso 'Oroso namorado' para incentivar a compra dos agasallos de San Valentín no comercio local, axudando desta maneira a un sector moi afectado pola pandemia e dando cor ás nosas rúas nestes tempos tan complicados. Para iso o Concello instalou dous corazóns nas prazas de Isaac Díaz Pardo e Alexandre Bóveda.
Dende o Concello animan á veciñanza a facerse unha fotografía nun destes corazóns e etiquetar ao Concello de Oroso e compartir en Facebook co hashtag #orosonamorado. As fotografías deben facerse respectando as medidas sanitarias vixentes, evitando as aglomeracións e tomando todas as precaucións.
As tres fotografías que acaden máis 'me gusta' serán obsequiadas cos seguintes premios, tamén en establecementos de Oroso:
1º premio: Cea para dúas persoas no restaurante La Cantina (valorada en 120€) 2º premio: Cea para dúas persoas no restaurante Cortés (valorada en 80€) 3º premio: Unha masaxe en parella en Verónica Rial Benestare Beleza (valorado en 58€)
Comments