O Concello de Oroso organiza para o vindeiro xoves 26 de outubro unha excursión ao municipio ourensán de Allariz para maiores de 60 anos. A saída de Sigüeiro será ás 8:30 da mañá, con regreso ás 20:30h ao mesmo lugar. A visita pola vila alaricá será guiada e incluirá un xantar de cocido na Casa de Turismo Rural Vilaboa. As inscricións pódense facer ata o día 20.

Commentaires