top of page

Oroso pasa a alerta laranxa



Na súa última actualización, a Xunta colocou Oroso en alerta laranxa no seu mapa de incidencia da COVID-19. Isto significa, aínda que os datos extactos seguen sen se coñecer concello a concello, que no municipio hai entre 14 e 21 novos casos activos de coronavirus SARS-CoV-2 por semana.

O resto da comarca de Ordes segue igual ca onte. Ordes e Mesía están en vermello no mapa de incidencia da Xunta (máis de 21 casos novos por semana). Cerceda, en amarelo (de 7 a 14). O resto da comarca segue en verde (menos de 7).

En toda Galicia hai 5.880 pacientes infectados por COVID-19.

Commenti


bottom of page