top of page

Oroso, por debaixo da media galega en presión fiscal



O Pleno Extraordinario celebrado esta mañá en Oroso aprobou a conta xeral do exercicio 2020 sen rexistrar ningún voto en contra. Oroso pechou 2021 con superávit e remanente de tesouraría.


Destacan dende o Concello que o municipio conta cunhas "contas saneadas" e mais cunha "presión fiscal baixa" no contexto galego. Deste xeito, a presión fiscal por habitante de Oroso é de 347,47 euros ao ano, fronte aos 484,64 da media galega e os 614,18 da media española.


“Desde hai moitos anos, Oroso é un concello saneado, cun endebedamento baixo e un rigor nas contas que nos permite investir en obras e dar un elevado número de servizos aos nosos veciños”, afirmou o alcalde, Luis Rey Villaverde.

Comments


bottom of page