top of page

Oroso reclama a Augas de Galicia unha "programación transparente"coas actuacións de limpeza fluvial



O grupo de goberno do Concello de Oroso solicita de novo a Augas de Galicia que elabore e publique con suficiente antelación unha programación transparente coas actuacións de limpeza fluvial que se acometan durante o ano.


Non é unha petición nova, xa que o tema tratouse varias veces con anterioridade, como no pleno municipal do 29 de xaneiro de 2020, cando a través dunha moción o grupo de goberno pedía, ademais desa programación, un prazo de alegacións e suxestións para os concellos. O grupo do PP non apoiou esta demanda.


“O Concello de Oroso pide con frecuencia que Augas de Galicia redobre os esforzos preventivos nos leitos fluviais e que estableza unha liña de axudas para que os concellos poidan acometer a limpeza dos tramos urbanos transferidos ás administracións locais, unha nova competencia que debemos asumir sen financiación”, asegura Antonio Leira.


O grupo de goberno considera chamativo que o PP de Oroso presuma de que actuacións como a da retirada de restos de madeira da Ponte Arderiz, realizada hai uns días, sexan por xestións súas, cando o que tería que facer é demandar a Xunta que polo menos o 50% do recadado polo canon da auga volva aos concellos para proxectos hidráulicos e outras obras.

Comments


bottom of page