Oroso anunciou esta mañá a renovación dos convenios de colaboración entre o Concello e os clubs deportivos locais. Estes acordos destínanse a impulsar actividades e fomentar hábitos de vida saudables. Coa súa renovación regúlanse aspectos como o uso e cesión de instalacións municipais, a oganización conxunta de actividades, a posibilidade de compartir recursos, publicidade e difusión de eventos.
Antonio Leira, concelleiro de Deportes, agradeceu "a colaboración constante dos clubs" e o feito de manter cos mesmos "un contacto permanente". Asegurou que Concello e clubes traballan conxuntamente para que "cada vez sexan máis os veciños e veciñas que practican deporte en Oroso”
Pola súa banda o alcalde, Luis Rey Villaverde, defendeu o compromiso "desde hai anos" do Concello coas 1.500 persoas practicantes diarios de deportes federados en Oroso "outras moitas persoas pola súa conta". Asegurou que Oroso é un referente na materia e que continuará a selo.
A pandemia supuxo unha pausa obrigada, pero nesta tempada as competicións retómanse. O edil de Deportes amosouse esperanzado coa posibilidade de que regresen probas emblemáticas do deporte galego ao municipio como atletismo, ciclismo, tenis de mesa ou patinaxe.
Comments