top of page

Oroso renova viais e camiños



O Concello de Oroso anuncia o remate de diferentes obras de renovación de viais e camiños nas parroquias do municipio para mellorar a seguridade de vehículos e peóns.

Estes traballos realizáronse nos núcleos de Rial (Trasmonte); Vilacide (Oroso); Cabanas (Calvente) e O Seixo (San Román de Pasarelos). Son viais e camiños moi transitados que o concello renovou, mellorando o seu firme.

“As obras forman parte de plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraaestruturas municipais, posto en marcha polo Concello de Oroso no casco urbano e nas parroquias, e damos desta forma resposta ás demandas veciñais”, explica Luis Rey, concelleiro de Obras.

Ademáis destas actuacións, o concello adxudicou hai uns días os traballos para a renovación do camiño que discorre desde o lugar de Oroso de Abaixo (A Gándara) ata o vial de acceso ao núcleo da Igrexa (Deixebre). As obras terán un orzamento de 118.420 euros.

Xa está tamén en licitacion por case 115.000 euros a mellora da rede viaria nos lugares de Senra e Arderís (Senra), Vilanova (Oroso), Carollo e Requeixo (Cardama) e na rúa Emilia Pardo Bazán (A Gándara). As empresas interesadas teñen de prazo ata o 7 de decembro para presentar as súas ofertas.

A mobilidade nos camiños do rural é moi elevada, por iso desde o Concello de Oroso melloran de forma continua a rede viaria, facilitando as comunicacións e reducindo o risco de accidentes.

Comments


bottom of page