O Concello de Oroso celebrou hoxe un pleno extraordinario no que, entre outros puntos, aprobouse unha actualización do PXOM para fixar no 10% a reserva de solo para a construción de vivenda protexida.
Esta porcentaxe está moi por enriba da fixada pola Xunta de Galicia como reserva mínima, que no caso de Concello de Oroso quedou establecida o pasado mes de febreiro no 6,4%.
“Temos un PXOM que permitiu a Oroso un desenvolvemento racional e proporcionado, combinando as dotacións de uso público coas que contamos, o chan para proxectos industriais e a promoción inmobiliaria, axustando a vivenda protexida ás demandas do mercado”, explica Luis Rey.
Na sesión de hoxe, aprobouse tamén a petición dunha subvención á Deputación para a posta en marcha da nova zona de ocio e deportiva en Porto Avieira. Con esta nova infraestrutura, o concello aumentará os servizos da zona, tendo en conta a demanda veciñal de espazos para practicar deporte.
Comments