top of page

Oroso "respecta pero non entende" as restricións da Xunta




O Concello de Oroso “respecta pero non entende” o nivel de restricións que a Xunta de Galicia aplica no municipio, tendo en conta a día de hoxe só hai 13 casos activos por coronavirus, logo dos 27 de hai unha semana.


“Por suposto que respectamos e faremos cumprir as medidas impostas pola Xunta, pero somos o único concello da comarca cun nivel de restricións medio-alto e non resulta sinxelo de entender mirando o número de positivos doutros municipios”, afirma o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.


“Gustaríanos ter unha explicación máis convincente por parte da Consellería de Sanidade, non quero falar públicamente da situación doutros concellos próximos pero os datos están aí, calquera os pode consultar”, engade.


O Concello de Oroso é consciente dos datos da incidencia acumulada que inflúen na decisión do comité clínico, “pero a realidade é que as 13 persoas están nos seus domicilios, recuperándose ben, e compartimos as demandas e as preocupacións de sectores como o comercio e a hostalería”.


O nivel de restrición medio-alto que ten Oroso supón que a hostalaría poderá abrir cun tope do 30% do aforo no interior e un 50% no exterior, con grupos de catro persoas como moito e só ata as cinco da tarde.


“Somos como unha illa, a excepción na comarca, e a situación é confusa, pero insisto en que respectaremos as normas, a saúde é unha prioridade e fago un novo chamamento á responsabilidade veciñal”, remata o alcalde de Oroso.

留言


bottom of page