top of page

Oroso, unido contra a violencia de xénero


Hoxe conmemórase o 25 de novembro, Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres. É por iso que en Oroso tivo lugar unha concentración de lembranza de todas as mulleres asasinadas, que se desenvolveu na praza de Isaac Diaz Pardo. A actividade contou coa participación do alumnado da localidade. Deste xeito, a rapazada do IES de Oroso recordou que esto non é un día, é todo o ano, o alumnado do CEIP Sigüeiro convidou ás persoas presentes reflexionar cos micromachismos, e o CEIP Camiño Inglés recitou uns poemas de Lucia Aldao.

Dende o Concello de Oroso amosaron o seu agradecemento a "todo o alumnado dos centros escolares do concello que colaboraron deixando a súa pegada contra a violencia machista, CEIP Camiño Inglés, CEIP Sigüeiro, IES de Oroso, CRA de Oroso, e a Asociación de Mulleres Loitadoras, así como ás veciñas e veciños de Oroso.



Comentários


bottom of page