No Concello de Oroso hai a día de hoxe, 8 de febreiro, 45 casos activos de coronavirus, segundo os datos facilitados pola xerencia da área sanitaria. Continúa polo tanto o descenso de casos no concello, pero as autoridades sanitarias advirten na necesidade de ser prudentes, xa que a aparición de novas cepas e variantes obrigan a extremar as precaucións mentres avanza a vacinación. O concello desexa unha pronta recuperación ás persoas que teñen a enfermidade.
Continuando coas medidas impulsadas polo concello desde o comezo da pandemia, instalouse unha carpa para os mercadillos dos sábados, co obxectivo de que tanto compradores como vendedores estén nas mellores condicións posibles nestas semanas de mal tempo.
O Concello de Oroso solicita á veciñanza que se limite ás actividades esenciais, cumpra as normas e evite a interacción social. Os veciños e veciñas de Oroso deben saír só de casa para traballar, estudar, consultas médicas ou xestións de primeira necesidade. Está en xogo a saúde de todos, lembran dende o Concello.
Aquelas persoas que vivan soas e estén enfermas ou formen parte dun grupo de risco poden chamar ao seguintes teléfonos para emerxencias ou adquisición de alimentos e medicinas: servizos sociais (981 688 950, Protección Civil (698 169 443) ou alcaldía (638 050 451).
Commentaires