top of page

Os concellos da comarca de Ordes amosaron o seu apoio ás mulleres que sofren cancro de mama


Hoxe, 19 de outubro, conmemórase o Día Mundial de Loita Contra o Cancro de Mama. Unha efeméride lembrada polos distintos concellos e entidades da comarca. Así, o Concello de Ordes alumeou coa cor rosa a súa fachada.


O Concello de Frades enfatizou nunha publicación en redes sociais "a importancia dunha detección precoz a través de revisións periódicas" e lembrou que a posibilidade de acudir ao Programa de detección precoz do cancro de mama do SERGAS.


Pola súa banda, o Concello de Oroso sumouse ao día e apoiou as reivindicacións desta data. Sinalaron dende o Goberno local que "cómpre recordar a importancia da investigación e da detección precoz para seguir avanzando na loita contra esta doenza". Amosaron "todo o apoio do Concello de Oroso ás persoas que padecen esta enfermidade e ás súas familias".

Comments


bottom of page