top of page

Os concellos da comarca de Ordes conmemoran o nacemento de Rosalía de Castro

Este 23 de febreiro cúmprense 186 anos do nacemento da poetisa Rosalía de Castro. Con motivo desta data son moitas as actividades que se celebran na comarca de Ordes.



En Cerceda, o alumnado do CPI O Cruce preparou un repertorio de cancións e poemas de Rosalía de Castro para conmemorar esta efeméride. Estiveron acompañados polo alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e as concelleiras Cristina Capelán e Catrina Queijo, que contribuíron a esta conmemoración lendo partes de diferentes obras de Rosalía de Castro.


Tamén o Concello de Mesía anunciou a celebración do espectáculo contacontos de Trémola Teatro "A miña historia", sobre a figura de Rosalía, para as nenas e nenos do CPI de Xanceda o 27de febreiro. Nas Unitarias de Visantoña e Olas será o 28 de Febreiro.


Pola súa banda, na Biblioteca de Frades agasállase ás persoas que veñan pedir libros prestados marcapáxinas de Rosalía con cinco deseños distintos.



Comments


bottom of page