top of page

Os Reis Magos visitarán Cerceda esta tarde




Hoxe ás 17:00 horas, no Auditorio Municipal de Cerceda, os Reis Magos estarán agardando a que as nenas e os nenos de Cerceda veñan facer as súas peticións de agasallos para esta noite. Dende o Concello de Cerceda lembran "a importancia de cumprir a normativa covid, así como as indicacións da organización". Será pois esencial a máscara, a desinfección de mans e o mantemento de distancia social.


Dende o Concello indicaron ademais que "os Reis teñen preparada unha pequena sorpresiña a quen se achegue a velos", ademais do feito de poder conversar coas súas maxestades en persoa, e agradeceron a colaboración de todos e todas.

Comentarios


bottom of page