Os Reis Magos visitaron Trazo acompañados de pequenos e maiores
- Crónicas da comarca
- 5 ene 2022
- 1 Min. de lectura

As súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron todos os lugares do Concello de Trazo, repartindo lambonadas entre toda a cativada e incluso entre os non tan cativos e cativas. Monzo, Morlán, Vilouchada, Restande, Alta de Trazo, Campo... Os tres reis fixeron un percorrido exhaustivo por todas as parroquias para que ningún tracense ficase sen velos e sen as correspondentes lambonadas.
Ao longo do percorrido, tanto os Reis Magos como as persoas que se achegaban velos cumpriron as medidas de seguridade establecidas para poder celebrar esta cabalgata adaptada á situación sanitaria actual. Se cadra, con moi puntuais excepcións para sacar algunha foto cos visitantes de oriente, dada a excepcionalidade da visita.
As condicións meteorolóxicas provocaron algún que outro retraso no horario previsto para a visita aos diferentes lugares do Concello, pero finalmente puideron percorrer cada recuncho. Dende o Concello apuntaron: "Queremos agradecer a labor que están desenvolvendo tendo en conta a situación meteorolóxica. Grazas de corazón por aguantar con esa ledicia e sorriso neste día complicado".

Comments