top of page

Os socialistas de Trazo denuncian a falta de dilixencia da secretaria municipal

Na foto: Beatriz Domínguez, voceira do G.M. PSdeG-PSOE de Trazo.

O Concello de Trazo non poderá render en tempo e forma a Conta Xeral de 2019, despois de que todos os grupos municipais votaran deixar o asunto sobre a mesa diante dos numerosos erros flagrantes e insubsanables que contén o documento elaborado pola secretaria-interventora municipal.

O PSOE de Trazo incide nun comunicado que "o que tiña que ser un simple punto de trámite, a aprobación da Conta Xeral de 2019 e a súa remisión ao Tribunal de Contas e Consello de Contas para a súa fiscalización, rematou nunha nova mostra máis da falta de dilixencia nas súas funcións por parte da secretaria-interventora municipal". Ao comezar o punto, a voceira dos socialistas de Trazo, Beatriz Domínguez, pediu a palabra para solicitar que a proposta quedara sobre a mesa “pola inmensa cantidade de erros que contén o documento como os asistentes, votacións, datas, intervencións... da Comisión de Contas, así como o ditame da secretaria, que se refire ás Contas de 2018, non ás de 2019”.

Os socialistas fan fincapé en que non é a primeira vez en que esta funcionaria, habilitada nacional, non cumpre coas funcións de intervención e fiscalización que ten atribuídas polo RD 128/2018 de 16 de marzo polo que se regula o réxime xurídico cos funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional. Así se puido comprobar durante a tramitación do PXOM, cando na fase de exposición pública achegou uns planos que non se correspondían coa realidade, ou na falta de fiscalización dos gastos protocolarios, cuestión pola que foi denunciada polos presuntos delitos de falsidade documental e administración desleal do patrimonio público.

Comments

bottom of page