top of page

Os socialistas de Trazo visitan a DP7804 xunto ao deputado provincial Blas García



Os socialistas de Trazo recibiron hoxe a visita do deputado provincial Blas García, co que percorreron o municipio para repasar algunhas das principais demandas dos seus veciños e veciñas.

“Visitamos a DP7804, a principal arteria de comunicación do Concello, no tramo que discurre entre Agro do Mestre e A Noia para estudar as posibilidades de ampliación da calzada e a posta en marcha dunha senda peonil”, explica a voceira do PSOE local, Beatriz Domínguez, que agradece “a receptividade da Deputación ás nosas propostas”.

Por outra parte, con motivo do recente arranxo por parte da institución provincial da DP7804 no tramo que discurre dende A Peregrina (Santiago) a Pontealbar, houbo que desviar o tráfico por dúas estradas de titularidade municipal, a de Pontealbar a Chaián e a que vai desde o cruce de Chaián ata a ponte sobre o río Tambre.

"A Deputación da Coruña vai acometer a curto prazo o arranxo dos desperfectos ocasionados polo desvío do tráfico pesado que soportaron estas dúas vías municipais nos últimos meses, unha actuación que incluirá unha nova sinalización", explicou Blas García.

“Falamos tamén doutras obras e proxectos, como a construción dunha senda desde Viaño Pequeño a Viaño Grande, que agora estudará o departamento de Obras da Deputación para buscar a mellor solución”, engade Domínguez.

Comments


bottom of page