top of page

Os socialistas xuntáronse na Festa da Merenda para apoiar ao seu candidato en Frades


O secretario xeral do PSdeG-PSOE Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, mostrou o seu apoio ao candidato socialista no municipio, Enrique Astray, durante a celebración da Festa da Merenda a pasada fin de semana. Varios representantes socialistas da comarca participaron no evento. Durante a súa visita ao municipio, Fernández Piñeiro destacou “o proxecto de Enrique Astray para Frades, que defenderá os intereses da cidadanía do seu municipio”, considerando que "o goberno local condena á vila ao atraso, afastada dos proxectos de innovación”.

Comments


bottom of page