Os usuarios e usuarias exercen de embaixadores da Vía Verde nunha campaña de vídeos en redes sociais
- Crónicas da comarca
- 18 dic 2024
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 4 abr

Os usuarios e usuarias destacan que “é unha ruta apta para todas as idades, non ten costas, é segura e non ten ningún problema”, recomendando "a todos que a percorran, tanto para camiñar como para vir con nenos ou en bicicleta”.
Cada vez son máis as persoas que realizan actividades ao aire libre na vía, cun atractivo engadido para os veciños e veciñas dos concellos polos que pasa, xa que “sempre nos encontramos con xente coñecida, iso é outra das cousas que nos anima a vir”.
Os concellos de Oroso, Ordes, Cerceda, Tordoia e Santiago de Compostela seguen a traballar no impulso deste proxecto turístico auténtico e singular, co apoio da Deputación da Coruña “e cos obxectivos da mobilidade activa, saudable e sostible, promovendo unha cultura do lecer e do deporte ao aire libre, coa firme vontade de converter a Vía Verde máis longa de Galicia nun importante motor para o desenvolvemento do territorio”. Podes consultar os videos da campaña da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle en Facebook e Instagram.
Comments