O alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, acompañado doutros membros do equipo de goberno, mantivo este domingo unha reunión cos veciños da parroquia de Deixebre. O obxectivo era coñecer de primeira man as principais demandas e inquedanzas dos veciños e veciñas da parroquia.
O encontro desenvolveuse nun ambiente de absoluta cordialidade e o grupo de goberno tomou nota das peticións dos veciños para estudalas e atendelas o antes posible, sosteñen dende o Concello. “Quero estar en contacto permanente cos veciños, por iso son tan positivas estas reunións”, explica Luis Rey, que lembra que “as portas do meu despacho están abertas para calquera veciño ou veciña”.
Os encontros nas parroquias e co conxunto do tecido asociativo do Concello de Oroso continuarán nos próximos meses.
Comentarios