O Secretario Xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, e o Secretario Xeral do PSOE, Pedro Sánchez presidirán a Festa dos Socialistas de Galicia, que a Executiva do PSdeG quere recuperar tras o ineludible peréntese do cumprimento das medidas preventivas contra o COVID-19.
Especúlase que, ademáis do Presidente do Goberno e o Presidente da Deputación da Coruña, asistan algúns membros do Gabiente de Pedro Sánchez, como a Vicepresidenta primeira de Economía, Nadia Calviño.
En Penateixa foi a anterior festa dos socialistas galegos, en 2016. Os socialistas de Oroso viron medrar o carácter territorial da súa festa, que empezou como local e rematou converténdose na representativa do conxunto da militancia galega, como antes o foran as celebradas en Vilagarcía e Caldas de Reis.
Comments