Persecución policial polas rúas de Ordes
- Crónicas da comarca
- 27 ene 2021
- 1 Min. de lectura

Ordes viviu na noite de onte un suceso dos que parecen quitados dunha película. Sobre as 21:30, un vehículo deuse á fuga ao observar presenza policial. Tratábase dun Audi A6 negro que fixo caso omiso dos xestos de alto e fuxiu por Ordes e Oroso, chegando a embestir ata catro vehículos da Garda Civil, un da Policía Local e outros tres de particulares. Catro membros da Garda Civil quedaron feridos leves.

O condutor do vehículo, un home de 40 anos, foi detido por atentado a axentes da autoridade, dous delitos contra a seguridade colectiva e condución baixo os efectos de substancias psicotrópicas.

As dilixencias do caso están a ser instruídas polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Santiago.




Comentarios