top of page

Piden ós cazadores non levar armas o domingo en Tordoia pola busca de Benedicta Pereiro Pose



O Concello de Tordoia pediu hoxe que o vindeiro domingo, 21 de novembro, non se leven armas no coto de San Xulián de Tordoia por mor dos labores de pesquisa de Benedicta Pereiro Pose, a veciña de Trazo que leva desaparecida dende a tarde do martes. O motivo é a presenza nesta área de membros dos equipos de busca.


Un amplo dispositivo segue a procurar a esta veciña de 77 anos da Alta de Trazo, que saíu pasear ás cinco da tarde e non regresou á casa, motivo que levou á súa familia a dar a voz de alarma. Benedicta Pereiro mide 1,55 anos, e é de constitución delgada. Ten o pelo canoso. O día da desaparición levaba unha sudadeira polar azul mariño, pantalón granate e zapatos marróns.



Comments


bottom of page