top of page

Piden moratorias para novos parques éolicos


Ata 57 colectivos sociais e medioambientais de toda Galicia entre os que se atopa 'Salvemos a Comarca de Ordes' publicaron hoxe o manifesto "Aldeas con Horizonte" no que demandan a moratoria de novos parques eólicos. Piden ademais a revisión daqueles que xa foron aprobados "nos que haxa conflito social e/ou ambiental", así como a elaboración dun novo marco normativo "máis ordenado" e "sostíble" para este modelo enerxético. Consideran que estes parques son unha "ameaza" para o rural galego.

Proximamente, abrirán un change.org dirixido ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao vicepresidente segundo e conselleiro de Industria, Francisco Conde.


Comments


bottom of page