
O Concello de Frades lembrou hoxe que mañá 12 de Xaneiro, terá lugar a primeira feira deste 2022 en Ponte Carreira. Dende primeira hora haberá alí á venda produtos variados coma alimentación, téxtil, calzado, plantas ou artesanía, así coma os tradicionais churros e polbo. O Concello convida a toda a veciñanza e visitantes a achegarse "a desfrutar da feira da Ponte, mercar no noso comercio e tomar algo na hostalería local".
Comments