top of page

Nove medallas para o Atlética A Silva-Ordes nos Campionatos Galegos Sub18 e Sub20

Actualizado: 25 feb 2022



O Atlética A Silva-Ordes informou hoxe dos resultados dos seus membros no Campionato Galego Sub18 e no Campionato Galego Sub20 en Pista Cuberta. No primeiro, Dani Loureiro conseguiu medalla de prata en lonxitude e María Aguiar en salto de altura. Alejandra Souto foi bronce en lonxitude. Pola súa banda, Nacho Spósito foi cuarto en peso 5kg con mmp. Elías Alexander Dam foi noveno en lonxitude con mmp, a mesma praza que Yerik Ishaq en 1500 con mmp. Por último, Diana Mosquera foi quinta en combinadas.


No Campionato Galego Sub 20, o club explica que houbo un resultado "espectacular" do sector de velocidade adestrado por Pablo Giance. Gloria pena alzouse como dobre subcampioa galega en 60 e 200 m, mentres Paula Noya foi subcampioa en 400 m. Paula Mosquera conseguiu ser subcampioa en peso e 5ª en lonxitude. Os bronces foron para Xaina Abucide, en 60 m e Alba Lojo en lonxitude. Xaina Abucide foi tamén 6ª en 200 m con mmp.


No Campionato Galego Campo a través, Álvaro Patiño (2ub12) acadou unha meritoria 12ª posición, como único representante do club. Foron en total 9 medallas, 6 pratas e 3 bronces, as obtidas polo club de atletismo de Ordes.



Comments


bottom of page