Prata para o equipo feminino sub14 do Club Atlética A Silva-Ordes no campionato de Galicia de Clubs celebrado no Barco de Valdeorras. Logo de 17 probas e competir contra 12 equipos de toda Galicia fixéronse co subcampionato galego. Este brillante equipo femenino estaba integrado por: Paula Fernández del Río, Debris e Demeku Paniagua Rodríguez, Icía Ares Betanzos, Carla Vilariño Astray, Vera García Blanco, María Estévez Vázquez, Antía Calviño Salgado, Lara Liste Otero, Ariana Collazo Santamaría, Carla Santos Fuentes, Alba García Fraga e Ada Bigliani Vidal.
O equipo masculino, nunha xornada de alto nivel competitivo e coa mellora de marcas persoais, finalizou a competición na undécima posición. Os integrantes do equipo foron: Pablo Ferreiro Álvarez, Adam Sadiki Takhif, Xabier Verde López, Samuel Fernández Ribeira, Noé Dafonte Senande, Antón Raña Villaverde, Diego Reboredo Núñez e Bruno García Jueguen.
Por outra banda, quinto posto para o lanzador de xavelina Daniel Loureiro no Campionato de España de Federacións Autonómicas Sub18, celebrado en Granollers. E foi un éxito de asistentes a sesión práctica de lanzamento de martelo da Federación Galega de Atletismo, correspondente ao Plan Galego de Tecnificación 2021, impartida polo responsable da disciplina da FGA José Manuel Hermida nas Instalacións Deportivas de Ordes.
Comments